Eventos

Gran espectáculo no Carballiño para recibir ós Reis Magos

Un gran espectáculo terá lugar no concello do Carballiño para recibir ós Reis Magos na visita que realizarán mañá venres, 5 de xaneiro.

Un espectáculo de Lume e circo acompañará a tradicional visita das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente.

Gran espectáculo no Carballiño para recibir ós Reis Magos

A fachada do Templo da Veracruz será o lugar onde se reunirán as familias para contemplar este espectáculo pensado para persoas de todas as idades.

Está previsto que o espectáculo comece ás 17:30h cunha primeira proposta que combinará altura e malabares. O espectáculo de luces acompañará un exercicio de malabares que terá lugar a unha altura de 15 metros. Esta actuación precederá ó espectáculo de pirotecnia preparado para esta ocasión.

Gran espectáculo no Carballiño para recibir ós Reis Magos
Foto: Concello do Carballiño

Non quedará aquí a cousa pois a continuación, será os Reis Magos os que saúden ós asistentes antes de iniciar a tradicional cabalgata. Cabalos de luz, xigantes ou zancudos forman aprte da comitiva anunciada polos organizadores para acompañar a visita dos Reis Magos.

Esta cabalgata percorrerá as seguintes rúas para rematar no edificio do concello. Conde Vallellano, Rosalía de Castro, Tomás María Mosquera, Cruce de Ribadavia, Rúa Ribeiro e Cesáreo Tizón forman o itinerario que realizarán Melchor, Gaspar e Baltasar. Á chegada ó edificio do concello, os Reis Magos ofrecerán unha mensaxe desde o balcón ós alí presentes.

Reis Magos de Oriente
Foto: Concello do Carballiño

Os nenos e nenas poderán compartir un novo momento cos Reis Magos no Salón de Plenos onde as súas maxestades recibirán ós presentes.

Botón volver arriba