Deportes

IV Castro Trail de Barbadás

O IV Castro Trail de Barbadás terá lugar este domingo, 15 de maio, con dúas rutas que pasan por algúns dos lugares máis fermosos do concello.

Todo está preparado para que Barbadás acolla unha importante proba deportiva. O Castro Trail chega á súa cuarta edición sendo xa un dos Trails máis relevantes do calendario autonómico.

IV Castro Trail de Barbadás

Os participantes no IV Castro Trail de Barbadás poderán optar entre dúas rutas de igual fermosura pero distinta distancia. A ruta longa ten unha extensión de 24 kilómetros e a curta será de 12 Km.

No acto de presentación, o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, incidiu no valor dun «percorrido moi interesante e fermoso xa que pasa polos lugares máis salientables do noso concello en canto a paisaxe». Parada, Santa Uxía, Piñor ou As Lamas son as localidades polas que pasará unha proba con inicio e remate na Valenzá.

IV Castro Trail de Barbadás

«É un dos percorridos máis bonitos do trail en Galicia» sinala David Losada, organizador da proba. Está previsto que ó remate da proba se celebre unha pequena festa no parque da Liberdade. Non faltarán os pinchos a música e incluso inchables para a rapazada.

Abel Cortés, concelleiro de Deportes de Barbadás, quixo por en valor a actividade deportiva que se desenvolve no concello. «A Cavernícola, Rallye de Ourense, ciclo-cross e o Rallye Mix de Barbadás» son algunhas das probas que quixo destacar.





Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba