O entroido de Laza terá folións en 2022 sen organización previa por parte da entidades organizadoras do Entroido.
A actual situación da pandemia non evitará que se celebre o Entroido en 2022 pero si condicionará a súa organización. É o caso do Entroido de Laza, un dos máis importantes da provincia de Ourense.
Laza terá folións sen organización previa
A Comisión de Festas do Entroido 2022, a Asociación Cultural Enlazados e o Concello de Laza tiveron unha reunión para tomar decisións sobre o entroido de 2022 en Laza. A evolución da pandemia levou a estas entidades a tomar a decisión de non levar a cabo ningún acto organizado nos folións que terán lugar en febreiro.
Estes folións terán un carácter espontáneo, propio do entroido desta localidade, é cada un poderá celebralo cando queira. Esa ausencia de horarios predeterminados, non impedirá que os veciños de Laza celebren o seu entroido. A prudencia e o cumprimento das normas sanitarias establecidas serán de gran importancia para unha correcta celebración do entroido de Laza.