Eventos

OZOCOgz celebra o Día do Libro cunha lectura aberta

OZOCOgz organiza unha lectura continuada o vindeiro 23 de abril, con motivo do Día do Libro, a partir das 19:00 h, nunha iniciativa aberta á participación da veciñanza.

O espazo cultural convida a todas as persoas interesadas a compartir parágrafos, versos ou textos das súas obras favoritas, xa sexan clásicos ou lecturas recentes.

OZOCOgz celebra o Día do Libro cunha lectura aberta

O obxectivo é crear unha actividade colectiva arredor da lectura, fomentando o gusto polos libros e a participación cultural.

OZOCOgz celebra o Día do Libro cunha lectura aberta

A proposta busca converter a xornada nun encontro dinámico, no que cada participante poida achegar unha pequena parte do seu libro preferido e contribuír a unha lectura continuada ao longo da tarde.

Desde a organización sinalan que haberá un pequeno agasallo para quen participe na actividade. Ademais, durante esa xornada, as persoas que adquiran algún exemplar no establecemento poderán beneficiarse dun 10% de desconto na compra de libros.

Botón volver arriba