Noticias

Luís Seara cualifica a última xunta de portavoces de «decepcionante»

Luís Seara, portavoz do BNG no concello de Ourense, cualifica a última xunta de portavoces de «decepcionante» ó non poder avanzar nos asuntos tratados.

Esta mañá tivo lugar unha reunión da xunta de portavoces para tratar a posible supresión do servizo a ORA e a participación accionarial do concello no COB.

Luís Seara cualifica a última xunta de portavoces de «decepcionante»

Tras realizarse a reunión, Luís Seara indicou que esta fora decepcionante. Para poder avanzar nos asuntos a tratar, Seara indica que necesitan «contar con documentación e informes técnicos«.

O Alcalde non soamente non ofreceu ningún tipo de documentación ou información adicional, lembrou Luís Seara. Ante a falta de información, desde o BNG critican que «o que pretende é que directamente digamos que sí ao que el di, que votemos a cegas».

Luís Seara cualifica a última xunta de portavoces de "decepcionante"
Luís Seara, portavoz do BNG. Foto: BNG de Ourense

Sobre o Servizo de estacionamento, Seara indica que «no BNG estamos abertos a avaliar posibles escenarios, incluído o da gratuidade do Servizo«. Entenden no BNG que para poder decidir sobre este tema «o debate debe estar inxerido dentro do PMUS».

En relación á situación do Club Ourense Baloncesto, o portavoz do BNG lembrou que «existe un procedemento xudicial aínda pendente de resolución impulsado polo accionista maioritario, Grupo Hereda». Ante esta situación, O BNG solicita «unha reunión á que asistan todas as partes implicadas para ser aclaradas todas as dúbidas que poidan existir».

Botón volver arriba