Máis de 1000 escolares participaron no Correlingua 2024 que se celebrou onte na Praza Maior e no Auditorio Municipal de Ourense.
A actividade, organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística, contou coa participación de 17 centros educativos.
Máis de mil escolares no Correlingua 2024
O lema deste ano foi «Dende aquí até acolá, GALEGO XA».
Alumnado de secundaria leu no auditorio o manifesto creado nos obradoiros Desata a lingua que impartiron as escritoras Lucía Aldao, Maria Lado e Ana Carreira.
Na Praza Maior, as actividades consistiron en xogos populares que contaron coa colaboración do alumnado do ciclo de Animación Sociocultural e Dependencia do CIFP Portovello e monitores da Asociación Amencer.