Eventos

Mariñamansa terá Concertos de Nadal por partida dobre

O barrio de Mariñamansa terá Concertos de Nadal esta fin de semana por partida dobre da man da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia.

O Nadal é tempo de familia, compras, ilusións, lotería e música, moita música. Iso pensan na Asociación Música e Cultura ó preparar unha fin de semana con dous concertos nos que participan grupos propios.

Os máis de 200 alumnos que forman parte da Escola de Música desta asociación contan cos posibilidade de formar parte dalgunha das agrupacións da entidade. Sen importar a idade ou a especialidade, a asociación ofrécelle alternativas grupais para por en práctica de forma conxunta a formación recibida na escola de música.

Mariñamansa terá Concertos de Nadal por partida dobre

A proposta que a asociación realizará esta fin de semana comezará hoxe, 17 de decembro, ás 19h cun concerto que terá lugar no Salón Parroquial de San Pío X. Neste espazo, o público asistente verá pasar polo escenario os seguintes grupos:

  • Grupo de Guitarras «Cordas Bravas»
  • Banda Infantil de Música
  • Grupo de Gaitas
  • Alumnado de Música e Movemento
  • Grupo de Acordeóns «O Son do Vento»
  • Alumnado de Pandeireta
Mariñamansa terá Concertos de Nadal por partida dobre

A segunda cita musical deste Nadal que nos ofrece Música e Cultura de Galicia terá como escenario a Igrexa de San Pío X. O concerto será o domingo, 18 de decembro, ás 16:30h. Neste amplo espazo, o numerosos público poderá gozar coas interpretacións dos grupos:

  • Cantagalos
  • Zoadeira
  • Cuncas do Son
  • Banda de Música e Cultura de Galicia

A entrada para ambos concertos será de balde.

Botón volver arriba