Noticias

O Memorial Antonio Varela reunirá en Velle a 200 nenos

O campo municipal de Velle acollerá este sábado, 23 de maio, a primeira edición do Memorial Antonio Varela.

Este torneo de fútbol base está organizado polo Club Deportivo Velle en homenaxe ao que foi o primeiro presidente da entidade.

O Memorial Antonio Varela reunirá en Velle a 200 nenos

A cita deportiva contará coa participación de máis de 200 futbolistas de categoría prebenxamín, de 6 e 7 anos, pertencentes a 16 equipos de toda a provincia.

O Memorial Antonio Varela reunirá en Velle a 200 nenos
Foto: Concello de Ourense

A competición desenvolverase entre as 10:00 e as 20:00 horas. O formato combinará unha primeira fase de grupos e posteriores eliminatorias ata chegar á gran final.

Ademais do carácter deportivo, o evento terá tamén unha vertente solidaria. As entradas custarán 5 euros e parte da recadación, concretamente 2 euros por cada tícket vendido, destinarase á asociación Por Eles TEA para apoiar o seu labor.

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu este martes a presentación oficial do torneo. Este evento conta coa colaboración do Concello, da Deputación Provincial, da Xunta de Galicia e de diferentes empresas.

No acto participaron o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome; o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira; o asesor de deportes da Deputación de Ourense, Quique Álvarez; e o xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Pérez.

Por parte do Club Deportivo Velle asistiron o presidente, Paco Sotelo, e o directivo Javier Novoa. A asociación Por Eles TEA estivo representada pola súa presidenta, Eva Guzmán; a vicepresidenta, María Dolores Losada; e a vogal Monse Salgado.

Botón volver arriba