O próximo venres, 8 de novembro, terá lugar unha mesa redonda ao redor da figura de Antón Tovar, un dos escritores galegos máis relevantes do século XX.
Nado en Rairiz de Veiga no ano 1921, a produción literaria de Antón Tovar tivo no galego a súa lingua principal.
Mesa redonda ao redor de Antón Tovar
Este evento organizado pola Fundación Carlos Casares contará coa participación de dos escritores Xesús Alonso Montero, Delfín Caseiro e Rochi Nóvoa.
Gustavo Adolfo Garrido moderará esta mesa redonda que se celebrará na Biblioteca Pública Antelana a partir das 19:30h.