Noticias

A empresa ourensá Misturas retomará as obras da Avenida de Portugal

A empresa ourensá Misturas retomará as obras da Avenida de Portugal tras o anuncio realizado esta mañá polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

Segundo explicou o rexedor, a firma —vinculada tamén á ourensá Extraco— iniciará ao longo da xornada de hoxe un levantamento topográfico para avaliar o estado actual dos traballos.

A empresa ourensá Misturas retomará as obras da Avenida de Portugal

O equipo técnico levará a cabo ademais un inventario de materiais, a recolocación dos medios auxiliares e a supervisión dos valados e das pasarelas.

A empresa ourensá Misturas retomará as obras da Avenida de Portugal
Foto: Concello de Ourense

Estas actuacións permitirán levantar a acta de inicio e retomar a actividade con normalidade, previsiblemente de forma manual, a partir da vindeira semana.

O alcalde indicou que esta intervención por emerxencia ten como obxectivo que a vía quede plenamente operativa desde o punto de vista da seguridade. Así mesmo, asegurou que a nova adxudicataria traballará a un “ritmo superior” ao da anterior empresa co fin de acelerar o desenvolvemento das obras.

Botón volver arriba