A 42ª Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia continúa este luns coa posta en marcha de «Temos unha cita», un novo espazo de pensamento compartido que complementa a programación escénica do festival.
Esta primeira sesión celebrarase ás 11.30 horas no Museo Etnolóxico de Ribadavia e reunirá creadoras, programadoras e profesionais da cultura para reflexionar sobre os retos da escena contemporánea e o papel do teatro como ferramenta de diálogo e creación de comunidade.
A MIT de Ribadavia estrea «Temos unha cita»
Pola noite, ás 21.00 horas, o Auditorio Rubén García do Castelo acollerá El peor espectáculo del mundo. De momento!, de Zanguango Teatro, unha proposta que mestura humor e interacción co público para cuestionar as convencións escénicas.
A xornada pecharase ás 23.00 horas con A Fortaleza, da compañía galega A Feroz, unha obra que recupera a memoria das guerrilleiras antifranquistas galegas e afonda na resistencia e na transmisión da memoria.


