Noticias

A MIT afronta este martes unha xornada de teatro e pensamento

A 42ª Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) afronta este martes, 21 de xullo, unha das súas xornadas máis completas.

Esta xornada conta con obradoiros, conversas e tres propostas escénicas que abordarán a memoria, a identidade e a relación co espazo público.

A MIT afronta este martes unha xornada de teatro e pensamento

A programación comezará ás 10:00 h co obradoiro O desenterrador de palabras, impartido por Sofía Asencio e Tomás Aragay, da Societat Doctor Alonso.

Ás 12:00 h, o Museo Etnolóxico acollerá unha nova sesión de Temos unha cita, organizada co Consello da Cultura Galega, sobre a memoria como ferramenta de creación e intervención pública.

Pola tarde, a MIT levará o teatro a distintos puntos da comarca. Unha señora orquestra, de Torta Torta, chegará ás 19:30 h a Santo André, mentres que Enchivas, de Begoña Cuquejo e Erika Roldán, poderá verse ás 21:00 h en Franqueirán.

A MIT afronta este martes unha xornada de teatro e pensamento
Foto: MIT

A xornada rematará ás 23:00 h no Auditorio Rubén García con Mi madre y el dinero, da compañía mexicana Pornotráfico. A peza parte da historia real da nai da súa creadora, Josefina Orlaineta, para reflexionar sobre a precariedade laboral, os coidados e o traballo invisible. Será a súa estrea en Galicia e contará con interpretación en lingua de signos e audiodescrición.

Botón volver arriba