A Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense confirmou que Natalia González Beneitez será a candidata oficial á alcaldía do concello tras terse rexistrado a súa como a única precandidatura no prazo establecido.
A actual secretaria xeral da formación na cidade e voceira do Grupo Municipal Socialista no Concello lidera esta proposta que evita a activación de votacións internas.
Natalia González González Beneitez, candidata única do PSdeG en Ourense
Segundo trasladou o propio partido político, o regulamento vixente estipula que, ao existir unha soa alternativa, non se require a celebración de primarias.

Esta circunstancia deixa sen efecto o calendario de votación que a organización anunciara nos días previos. Con este paso, a formación socialista ratifica de xeito directo a proclamación de González Beneitez para encabezar a listaxe de cara ás vindeiras eleccións municipais.

