Noticias

Natalia González pide propostas concretas ó alcalde

Natalia González Benéitez, portavoz do PSdeG-PSOE no concello de Ourense, pide propostas concretas ó alcalde, Pérez Jácome.

Esta petición xurde da última reunión da xunta de portavoces onde se trataron a supresión da ORA e a posible venta das accións do concello no COB.

Natalia González pide propostas concretas ó alcalde

Para Natalia González, as propostas do alcalde «están baseadas en castelos no aire sen ningún tipo de garantías para o desenvolvemento da cidade».

Sobre a supresión da ORA, González lembrou que «leva co PMUS no caixón dende fai 5 anos e quere sumir a cidade nun caos de tráfico e mobilidade sen coñecer tampouco o posible impacto económico que a supresión do servizo pode ter para as arcas públicas». Ó mesmo tempo, tamén destacou que a decisión de suprimir este servizo «é competencia do pleno».

Natalia González pide propostas concretas ó alcalde

En relación á proposta sobre o Club Ourense Baloncesto, desde o PSdeG-PSOE lembran que existe «un proceso xudicial aberto por parte do último inversor».

Rexeitan os socialistas as palabras do alcalde de Ourense nas que indicaba que non convocaría de novo a xunta de portavoces. «A política é consenso. E para facer cidade hai que ter proxecto, non arroutadas» indicou finalmente Natalia González.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.