Eventos

Novo ciclo de concertos no Museo do Viño de Galicia

Esta semana comeza o novo ciclo de concertos no Museo do Viño de Galicia baixo o nome de «IV Cata Sonora».

Este ciclo de concertos permitirá gozar de concertos de diversos estilos musicais nun espazo singular como é a terraza exterior do Museo do Viño.

Novo ciclo de concertos no Museo do Viño de Galicia

Os artistas participantes na edición de 2024 chegan desde varios puntos de España a esta IV Cata Sonora con estilos que van desde a música clásica ata o blues.

O programa de concertos comezará este xoves, 4 de xullo, e rematará o 29 de agosto. Todos os concertos están programados para as 21h con entrada libre ata completar aforo. Os asistentes poderán degustar unha copa de viño ó remate do evento.

  • 4 de xullo – Javier Bergia (Madrid)
  • 18 de xullo – Carolina Rubirosa (Galicia)
  • 8 de agosto – Guzmán + Cánovas Jr (Madrid)
  • 22 de agosto – Mónica de Nut. (Galicia)
  • 29 de agosto – Martín Agra. (Ourense)
Novo ciclo de concertos no Museo do Viño de Galicia

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.