O libro que recomenda Uxía Tizón Vázquez, deputada por Ourense no Congreso, ten para ela un significado especial.
Con motivo do Día Internacional do Libro 2022, Ourensenarede solicitoulle que nos recomendase un libro e nos mostrase unha pincelada do que atoparíamos na súa lectura.
O libro que recomenda Uxía Tizón
«El asesinato de Sócrates» de Marcos Chicot
Para os amantes da novela histórica este libro é un imprescindible. Un relato ben documentado, inspirado na época da Guerra do Peloponeso, que xira en torno á figura do filósofo Sócrates.
A novela permítenos coñecer con precisión as batallas con Esparta ou a forma de vivir na primeira democracia do mundo, en Atenas, que non sempre foi idílica, con vaivéns políticos e decisións extremas.
O que resulta más interesante é como nos traslada a súa cultura, as costumes da época, os empregos, os matrimonios concertados e o maltrato que sufría a muller, os dereitos dos cidadáns de diferentes clases sociais ou a vida dos escravos.
Unha forma de coñecer a base de onde vimos para saber como evolucionamos dende a etapa clásica.
Uxía Tizón Vázquez, deputada por Ourense no Congreso,