Noticias

Obras en Curros Enríquez e Xoán XXIII obrigarán a reordenar o tráfico

O Concello de Ourense executará os días 6 e 7 de xullo obras de infraestruturas no eixe formado polas rúas Curros Enríquez, Concello e Xoán XXIII, actuacións que obrigarán a modificar de forma temporal a circulación e o percorrido de varias liñas do autobús urbano.

Os traballos desenvolveranse en dúas fases.

Obras en Curros Enríquez e Xoán XXIII obrigarán a reordenar o tráfico

Na primeira intervención, que afectará ao ámbito de Curros Enríquez e da rúa Concello, a vía situada detrás da Subdelegación do Goberno en Xoán XXIII habilitarase provisionalmente en dobre sentido de circulación, en dirección desde a Avenida da Habana cara a Curros Enríquez. Esta modificación estará debidamente sinalizada.

Obras en Curros Enríquez e Xoán XXIII obrigarán a reordenar o tráfico
Foto: Concello de Ourense.

Ademais, a parada do autobús urbano situada no Parque de San Lázaro trasladarase temporalmente á rúa Curros Enríquez. Tamén se establecerá un xiro obrigatorio para os vehículos que saian da rúa Concello, que deberán incorporarse á dereita cara a Xoán XXIII en sentido descendente.

Unha vez rematada esta fase, iniciarase a segunda intervención. Nese momento reabrirase ao tráfico o primeiro ámbito de actuación e pecharase a circulación no tramo situado detrás da Subdelegación do Goberno. Como consecuencia, non se poderá acceder desde Xoán XXIII á Avenida da Habana.

As obras tamén afectarán ao servizo de transporte urbano. As liñas 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 10, 11, 12 e 16 circularán por itinerarios alternativos mentres duren os traballos.

Botón volver arriba