Noticias

Obras de mellora na estrada de San Cristovo

Estanse a realizar obras de mellora na estrada de San Cristovo (Ribadavia) que permitirán mellorar o firme da calzada e as beirarrúas.

As obras de asfaltado inclúen unha capa de 5-10 cm que permita soportar o intenso tráfico que presenta esta estrada. As obras lévanse a cabo en dúas fases para que non se entorpezcan as tarefas de asfaltado e as obras das beirarrúas.

Obras de mellora na estrada de San Cristovo

Obras de mellora na estrada de San Cristovo

Noelia Rodríguez Travieso, alcaldesa de Ribadavia, visitou estas obras para comprobar o estado das mesmas. A Axencia Galega de Infraestruturas é a responsable destes traballos que permitirán mellorar a estrada OU-504.

Tamén se están realizando melloras na N120 ó seu paso polo concello de Ribadavia. A sinalización, firme da estrada e o trazado son obxecto de traballos de mellora por parte do Ministerio de Infraestruturas.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.