Esta mañá comezou a actividade da oficina itinerante do BNG de Ourense coa que pretende achegar á veciñanza a labor que realizan no concello.
A primeira parada desta oficina itinerante foi na rúa Pena Trevinca, no barrio de San Francisco.
Oficina itinerante do BNG de Ourense
Responsables da formación nacionalista indican que o obxectivo «é estar a pé de rúa, ao carón da veciñanza». Deste xeito, os responsables políticos do BNG de Ourense conseguen «estar ao carón das veciñas e dos veciños, escoitando as súas queixas, demandas, reivindicacións ou suxestións e logo poder darlle traslado á institución».
Está previsto que nas próximas semanas esta oficina do BNG chega a outros barrios da cidade de Ourense. O Couto, Mariñamansa, O Posío, As Lagoas ou a Ponte xa figuran na axenda desta iniciativa.