Noticias

Óscar Guzmán gaña o V Certame Literario de Taboadela

O Concello de Taboadela celebrou con gran éxito a entrega de premios do V Certame Literario, unha iniciativa que xa vai pola súa quinta edición e que continúa a medrar grazas á participación e ao entusiasmo da cidadanía.

O acto tivo lugar esta fin de semana, destacando o talento e a creatividade das persoas participantes.

Óscar Guzmán gaña o V Certame Literario de Taboadela

Na categoría de maiores de 18 anos, Óscar Guzmán proclamouse gañador co seu relato, mentres que María José Diz foi recoñecida co segundo premio. Na categoría de 8 a 12 anos, a gañadora foi Clara Martínez Pereira, e na de 13 a 17 anos, Lena Santos Montecelo.

A entrega de galardóns contou coa participación da concelleira Esther Montecelo, acompañada do xurado composto por Xosé Antón Vila Sobrino, investigador e docente da Universidade de Vigo, como presidente; Aida Menor Vila, concelleira de Educación e Asuntos Sociais, como secretaria; e David Vázquez Nóvoa, administrativo da Biblioteca Municipal, como vogal.

O evento destacou non só ás persoas galardoadas, senón tamén a todas as que presentaron relatos cheos de sentimento, imaxinación e calidade literaria.

Óscar Guzmán gaña o V Certame Literario de Taboadela
Foto: Concello de Taboadela

Dende o Concello de Taboadela quixeron expresar os seus parabéns ás persoas premiadas e agradecer a participación e o entusiasmo da comunidade.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.