A concelleira de Turismo e Termalismo de Ourense, Noa Rouco, viaxou a Andorra para fortalecer a cooperación institucional en materia de termalismo e desenvolvemento turístico.
Durante a visita, foi recibida no Comú de Escaldes-Engordany pola cónsul maior, Rosa Gili, e o seu equipo.
Ourense e Andorra reforzan lazos no termalismo
O encontro institucional centrouse na análise de diferentes modelos de xestión municipal do termalismo, así como no seu impacto no turismo local. Escaldes-Engordany, unha das sete divisións administrativas do Principado de Andorra, está considerado o núcleo termal do país grazas ás súas fontes naturais de auga quente.

Noa Rouco tivo tamén a oportunidade de coñecer de primeira man o complexo termal da cidade, un dos máis relevantes de Europa, ademais doutros espazos integrados na contorna urbana.
Durante a xornada, a edil destacou que “intercambiamos experiencias e puntos de vista sobre modelos de xestión, promoción do turismo termal e posibles sinerxías entre territorios con recursos similares”.

