O Concello de Ourense gardou este venres, 10 de xullo, un minuto de silencio polas vítimas da traxedia de Los Gallardos, sumándose á convocatoria promovida pola Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP).
O acto desenvolveuse ás 12.00 horas na escalinata da igrexa de Santa María Nai, xunto á Casa do Concello, e contou coa participación do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, así como de representantes de todos os grupos políticos da corporación municipal: Democracia Ourensana (DO), PP, PSdeG-PSOE e BNG.
Ourense garda un minuto de silencio polas vítimas da traxedia de Los Gallardos
Con este xesto institucional, o Concello expresou o seu apoio ás vítimas, ás súas familias e a todas as persoas afectadas pola traxedia rexistrada na localidade almeriense de Los Gallardos.

A convocatoria foi promovida pola FEMP tras o sucedido na madrugada deste venres. Segundo a información facilitada pola entidade, o suceso deixou polo menos 12 persoas falecidas, ademais de 19 desaparecidas e varios feridos. A Federación invitou a todos os concellos e entidades provinciais e insulares a gardar un minuto de silencio como mostra de respecto, solidariedade e apoio aos afectados.

