Noticias

Manuel Pardo recibe os ourensáns da Ruta Quetzal 2026

O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, recibiu na Delegación Territorial aos participantes ourensáns na Ruta Quetzal 2026, o monitor Pablo Sal e o estudante Luís Santalices.

Pardo felicitou a ambos pola súa participación nesta expedición, que rematou o pasado 11 de xullo e que combina aventura, cultura, historia e patrimonio. Nesta edición, a iniciativa prestou especial atención á experiencia xacobea.

Manuel Pardo recibe os ourensáns da Ruta Quetzal 2026

O delegado destacou tamén o mérito académico de Luís Santalices, xa que a Ruta Quetzal, que suma xa 36 expedicións, selecciona os seus participantes en función da excelencia académica e o mérito.

Manuel Pardo recibe os ourensáns da Ruta Quetzal 2026
Foto: Delegación da Xunta.

Manuel Pardo subliñou o apoio da Xunta a este tipo de proxectos, que contribúen a “promover e divulgar a ruta xacobea entre a mocidade” e a fomentar o interese das novas xeracións pola cultura e polo coñecemento vinculado ao Camiño de Santiago.

Botón volver arriba