Noticias

Ourense celebra visitas escolares a museos

Ourense celebra visitas escolares a museos con motivo do Día Internacional dos Museos, a través dun ciclo de visitas didácticas impulsado pola Concellería de Educación do Concello de Ourense Concello de Ourense ao Museo Municipal.

A iniciativa reúne un total de 744 alumnos e alumnas de 16 centros educativos da cidade, que participan nun programa de actividade educativa e cultural no que tamén colaboran artistas locais con obra exposta no espazo municipal.

Ourense celebra visitas escolares a museos

O ciclo, integrado no programa “Coñece a túa cidade”, está estruturado en sete sesións que se desenvolven desde hoxe ata o mércores, co obxectivo de achegar o patrimonio artístico e cultural ao alumnado dun xeito práctico e participativo.

Ourense celebra visitas escolares a museos
Foto: Concello de Ourense

Durante a visita desta mañá, o alumnado estivo acompañado pola concelleira de Educación, Tamara Silva, quen destacou o valor destas actividades para reforzar o coñecemento da cidade e fomentar o interese pola cultura desde idades temperás.

Ademais do percorrido polas instalacións do museo, os e as escolares realizaron unha actividade creativa na que elaboraron as súas propias interpretacións das pezas da colección, promovendo así unha experiencia educativa baseada na observación e na expresión artística.

Botón volver arriba