Noticias

Ourense abre o prazo para obter o permiso municipal de taxi en 2026

O Concello de Ourense abriu a convocatoria ordinaria de 2026 para a obtención do permiso municipal de condutor/a de taxi, un requisito imprescindible para poder desenvolver esta actividade profesional en vehículos adscritos ás licenzas municipais da cidade.

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes durante un prazo de 10 días hábiles, que comezou este luns, 4 de maio, e permanecerá aberto ata o vindeiro 15 de maio.

Ourense abre o prazo para obter o permiso municipal de taxi en 2026

O trámite poderá realizarse de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello ou por vía telemática a través da sede electrónica municipal.

Ourense abre o prazo para obter o permiso municipal de taxi en 2026

Para conseguir o permiso, as persoas aspirantes deberán superar unha proba composta por 44 preguntas, centradas en aspectos como a normativa do sector, o coñecemento do medio urbano, as tarifas do servizo, un test psicotécnico e a competencia lingüística.

A superación deste exame permitirá obter a habilitación municipal necesaria para exercer como profesional do taxi en Ourense.

Botón volver arriba