Colaboraciones

Pero seguimos sendo invisibles…

Pero seguimos sendo invisibles… – María Estévez, Xerente en PROSODA, Sonido e Iluminación

O noso sector foi o primeiro en caer e será o último en saír. Levamos 14 meses invisibles, cando se demostrou nos poucos eventos que se puideron realizar que o sector CULTURA É SEGURA.

O ser un sector tan diversificado, somos descoñecidos para a Administración. Moitos non puidemos acollernos as irrisorias axudas que Goberno e Administracións autónomas publicaron.

O pasado 17 Setembro houbo unha concentración na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela, convocada por TESGAL (Asociación Sindical de Profesionais Técnicos do Espectáculo de Galicia), onde estivemos un número moi elevado de profesionais do sector, Técnicos de Son, Iluminación, Escenario, Empresarios do Sector (Empresas de Son, Produción, Escenarios, Seguridade, Eléctricos, Músicos e Compoñentes de Orquestras,etc…)

A vez, a mesma hora leuse un manifesto en 27 cidades de toda España, onde convertemos o noso instrumento de traballo en ataúdes e todos os integrantes de vestimenta NEGRA.

Pero seguimos sendo invisibles…
Pero seguimos sendo invisibles…

Pero seguimos sendo invisibles…

Son moitos os que xa quedaron atrás por non poder facer fronte ós gastos que hai que sufragar todos os meses. Outros reinventáronse ou buscaron a maneira de traer comida para a casa.

A nosa profesión parece que non é tan importante. Nos solo facemos o noso traballo para que outros gocen dun concerto en directo do seu artista, un espectáculo complexo de son, iluminación, vídeo, unha obra de teatro, danza, monólogos, é un sinfín de actos culturais onde os actores son visibles grazas a labor do técnico de luz.

OURENSE, tampouco axuda moito a facer CULTURA. Os que queremos facer, non nos deixan e os que poden facela, non queren. Non somos necesarios, non interesamos.

María Estévez – Xerente en PROSODA Sonido e Iluminación, empresa que acaba de cumprir o 20 aniversario.

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba