Noticias

Piden axudas urxentes para o sector da castaña

Desde o Grupo Provincial Socialista piden axudas urxentes para o sector da castaña tanto á Deputación de Ourense como a Xunta de Galicia.

Álvaro Vila, voceiro socialista na Deputación Provincial, visitou o concello de Ríos para coñecer a situación dos profesionais da castaña.

Piden axudas urxentes para o sector da castaña

A situación actual dos soutos é moi delicada nestes intres ó estar amenazados por patoloxías, pragas e déficits hídricos. Esta situación afecta gravemente a este sector para o que o grupo socialista pide unha liña de axudas.

No pleno do 27 de outubro solicitarase a implicación da deputación provincial para instar á Xunta de Galicia a activar estas liñas de subvencións. «O máis urxente pasa por axudar no curto prazo aos actores máis vulnerables pola caída no volume das colleitas, se ben entóxase ineludible un diagnóstico sobre as razóns exactas no descenso dos continxentes recolleitos en cada comarca e acadar a certeza científica da orixe do problema», destacou Álvaro Vila.

Piden axudas urxentes para o sector da castaña

«Ourense confórmase coma líder no Estado español, representando case un 60% do total, sendo a produción dos nosos soutos un recurso fundamental para as comarcas da montaña da nosa provincia, nomeadamente afectadas polo despoboamento e abandono rural, onde a castaña supón unha importante inxección económica para cooperativas e empresas, pero tamén coma complemento ás rendas das familias e pensionistas do rural» indicou Marina Vaz, deputada provincial e concelleira en Ríos polo PSdeG-PSOE.

Botón volver arriba