Desde o grupo socialista piden ó Consello Municipal de Deportes que vixíe a remodelación do Estadio do Couto ante as eivas que se están detectando.
Natalia González e María Fernández piden que o organismo municipal de deportes esixa á Xunta de Galicia a correcta finalización das obras.
Piden ó Consello Municipal de Deportes que vixíe a remodelación do Estadio do Couto
«Este fin de semana Ourense recuperaba unha das súas infraestruturas deportivas máis relevantes e a Xunta de Galicia afirmou que o investimento realizado foi de máis de 2 millóns de euros. O problema é que o que semellaba ser unha remodelación integral do estadio resultou ser un parcheo e xa se detectaron numerosas eivas no proxecto e nas obras executadas» indicou María Fernández.
Natalia González Benéitez, portavoz do grupo socialista no concello de Ourense recorda que estes problemas xa se detectaron fai tempo. «Jácome púxose de perfil ante unha nova chapuza do executivo autonómico en Ourense. Tanto a nosa cidade como os e as deportistas e afeccionados e afeccionadas ourensás merecen un estadio propio do século XXI».
Algúns dos problemas detectados polo grupo socialista tras regresar a actividade deportiva a estas instalacións son:
- a cuberta do marcador (aboiada tralo contacto de 3 balóns),
- ausencia de ventás nos vestiarios,
- a grada de fondo continúa sen rematar de pintar e presenta un aspecto sucio,
- as paredes e corredores tamén semellan mal pintados e sen rematar,
- algunhas gradas presentan maleza e
- o cableado eléctrico permanece aínda ao aire e sen rematar de cubrir.