Noticias

Piden protección para a pintada «Adiante Semanario»

Membros do BNG de Celanova piden protección para a pintada «Adiante Semanario» que figura nunha das fachadas do Mosteiro de Celanova.

Esta pintada data de 1933 e foi realizada por membros das Mocedades Galeguistas das que formaban parte Celso Emilio Ferreiro ou Xosé Velo.

Piden protección para a pintada «Adiante Semanario»

Desde o BNG recordan que en plenos municipais xa se debateu sobre este asunto a instancia do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova. A pesar do apoio da totalidade do pleno á protección desta pintada, continúa o seu deterioro.

Piden protección para a pintada "Adiante Semanario"

Leopoldo Rodríguez, voceiro nacionalista indica que «é o exemplo máis evidente da incompetencia deste goberno municipal, que leva semanas pintando muros e valados para presentar unha cara bonita nas eleccións, mais é incapaz de protexer un elemento histórico que mesmo fai parte da promoción que fai a Fundación Curros e se atopa na fachada dun BIC, o Mosteiro de Celanova, que sufre tamén constantes agresións coa colocación de cables ou uso indiscriminado do claustro barroco para actividades que deberían ter outros enclaves».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.