Noticias

Unha plataforma cidadá impulsa unha alternativa progresista para Ourense

Un grupo de persoas procedentes de diferentes ámbitos sociais, veciñais, sindicais e políticos presentou unha nova plataforma cidadá coa intención de contribuír á construción dunha alternativa progresista para a cidade de Ourense.

Segundo explican os seus impulsores, a iniciativa nace como un espazo aberto ao diálogo, á participación e á cooperación entre persoas comprometidas coa defensa dos servizos públicos, o dereito á vivenda, a igualdade, a mobilidade e a mellora da calidade de vida da veciñanza.

Unha plataforma cidadá impulsa unha alternativa progresista para Ourense

No comunicado de presentación, os promotores destacan o carácter plural e integrador do proxecto, aberto tanto a persoas independentes como a colectivos sociais e organizacións que compartan a necesidade de situar os intereses da cidade por riba das siglas e dos protagonismos individuais.

Unha plataforma cidadá impulsa unha alternativa progresista para Ourense

A plataforma sostén que a recente situación política arredor dos orzamentos municipais de 2026 puxo de manifesto, ao seu xuízo, a incapacidade das principais forzas da oposición para artellar unha alternativa ao actual goberno municipal. O colectivo lembra que, tras a cuestión de confianza vinculada ás contas municipais, existía a posibilidade de impulsar unha moción de censura que finalmente non chegou a prosperar.

Na mesma liña, os impulsores critican a actuación do PSOE e do BNG, aos que atribúen a falta dunha resposta eficaz ás necesidades da cidade. Segundo sinalan, mentres continúan os desacordos entre ambas formacións, seguen sen resolverse problemas relacionados coa vivenda, os servizos públicos, a mobilidade, a igualdade ou a educación.

A nova plataforma asegura que nace coa vontade de contribuír á creación dunha alternativa «útil, ampla e aberta«, centrada nos problemas reais da cidadanía e afastada das dinámicas internas dos partidos políticos, co obxectivo de impulsar unha nova etapa para Ourense.

Botón volver arriba