Noticias

Premio Roberto Vidal Bolaño para Eduardo Alonso e Luis Álvarez Pousa

O Premio Roberto Vidal Bolaño do ano 2023 que concede a MIT de RIbadavia será para Eduardo Alonso e Luis Álvarez Pousa.

Este galardón coincide en 2023 co 50 aniversario da 1ª Mostra de Abrente (1973) e que marcou o inicio da intensa relación entre o mundo do Teatro e a localidade de Ribadavia.

Premio Roberto Vidal Bolaño para Eduardo Alonso e Luis Álvarez Pousa

A relevancia dos dous premiados e que lles serviu para ser merecedores deste galardón ao mérito nas artes escénicas está na súa contribución na creación de estruturas institucionais para o teatro galego.

Luís Álvarez Pousa, xornalista, foi Director Xeral de Cultura a partir de 1984. Foi durante esa época cando se elaboraron as primeiras bases dun programa de estruturación, planificación e desenvolvemento de políticas teatrais. Tamén foi responsable da creación do Centro Dramático Galego (1984) e diversos circuítos teatrais.

Premio Roberto Vidal Bolaño para Eduardo Alonso e Luis Álvarez Pousa

Eduardo Alonso, director de escena, dramaturgo e produtor teatral, foi o primeiro Director Artístico do Centro Dramático Galego. No ano 1987, foi unhas das figuras que máis contribuíu á creación do IGAEM.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.