Finalizou un dos eventos máis relevantes de Ribadavia e toca repasar os premios da 59ª Feira do Viño do Ribeiro que foi un éxito de participación.
A edición de 2022 permitiu recuperar unha total presencialidade na celebración da Feira do Viño do Ribeiro. Un éxito de participación e visitantes que gozaron dunha fin de semana ó redor dun dos mellores viños de Galicia.
Premios da 59ª Feira do Viño do Ribeiro
Numerosos premios recoñeceron a calidade do traballo realizado polos Colleiteiros, Bodegas e Catadores. Recoñecementos que foron outorgados a:
Viños Brancos de Bodegas
- 1º premio – Alter 2021 de Priorato de Razamonde
- 2º premio – Ramón do Casar 2021 de Adega Ramón do Casar
Viño Tinto de Bodegas
- 1º premio – Preto de Leive 2020 de Leive Ecoadega
Viños Brancos de Colleiteiros
- 1º premio – Canción de Elisa 2021 de Adega Dona Elisa
Viños Tintos de Colleiteiros
- 1º premio – Carpazal Selección 2020 de José Antonio Rodríguez
Mellores Catadores de Viños Tintos
- de Bodegas – Jesús Moradiellos Arias (Ourense)
- de Colleiteiros – Ainhoa Viñuela Don (Ribadavia)
Mellores Catadores de Viños Brancos
- de Bodegas – Lara Villamarían Rojo (Arnoia)
- de Colleiteiros – Darío Vázquez Boullosa (Ourense)