A presentación da Feira do Viño do Ribeiro realizada en Santiago de Compostela serviu para coñecer tódolos detalles da edición de 2022.
O Concello de Santiago de Compostela acolleu o acto de presentación da 59ª edición desta festa de exaltación dos viños do Ribeiro. Xosé Antonio Sánchez Bugallo, alcalde compostelán, exerceu de anfitrión neste acto.
Presentación da Feira do Viño do Ribeiro
A edición de 2022 desta feira ten como principal activo a recuperación do formato presencial. Tras dúas edicións afectadas pola pandemia, a edición deste ano recupera a presenza de público. No acto celebrado en Santiago de Compostela, Ignacio Gómez (concelleiro) e Cristina Otero (concelleira de turismo) representaron ó Concello de Ribadavia mentres Juan M. Casares Gándara (presidente) representaba ó Consello Regulador da D.O. Ribeiro.

Segundo destacou o rexedor compostelán, «nalgunha época, nas rúas e tabernas de Compostela consumíase máis viño do Ribeiro ca en todo o territorio nacional». A volta ó formato tradicional ó aire libre e con público estivo presenta nas distintas intervencións. Ignacio Gómez quixo destacar tamén «o esforzo e o traballo que levan os viticultores, adegas e colleiteiros durante todos estes anos para elaborar e producir o viño do Ribeiro».
Un comentario