Noticias

Premios do Concurso de Maios de Ourense 2024

Xa coñecemos os resultados dos Premios do Concurso dos Maios de Ourense do ano 2024 que se celebrou nos soportais da Praza Maior por mor da choiva.

Un total de 53 maios participaron no Concurso que convocaba o concello e que tivo un gran nivel na elaboración dos maios como na creación das coplas.

Premios do Concurso de Maios de Ourense 2024

Tras avaliar todos os traballos, o xurado acordou conceder os seguintes premios:

Premios do Concurso de Maios de Ourense 2024
Foto: concello de Ourense

1 – Maio artístico:

  • Primeiro premio (900 €) Óscar López González
  • Segundo (700 €) Coordenadora Marcha Mundial das Mulleres: Maio feminista
  • Terceiro (500 €) Paula Martínez Llano: O maio do galiñeiro

2 – Maio enxebre

  • Primeiro (600 €) Asociación Cultural Auriense
  • Segundo (400 €) ANPA CP Inmaculada: Non nos dá a vida
  • Terceiro (300 €) Os Lolailos: Cruceiro de Vilar de Astrés

3 – Maio infantil

  • Primeiro (300 €) Uxía Afonso Crespo: Maio bubuxas
  • Segundo (200 €) ANPA Os penediños: O maio dos penediños
  • Terceiro (100 €) CEIP Saco e Arte de Toén

4 – Maio creativo

  • Premio (300 €) Asociación de Familias de Alumnos Limiar: Maio das flores

1 – Coplas persoas adultas

  • Primeiro (300 €) Asociación Cultural Auriense
  • Segundo (200 €) CEIP Plurilingüe As Mercedes: As traballadoras das Mercedes
  • Terceiro (100 €) Fundación Educativa Franciscanas: Galiza

2 – Coplas infantís

  • Primeiro (300 €) AFA CEIP Saco e Arte de Toén
  • Segundo (200 €) Uxía Afonso Crespo: Maio bubuxas
  • Terceiro (100 €) ANPA Os penediños

Botón volver arriba