Noticias

O PSdeG activa as primarias para a alcaldía de Ourense

O PSdeG-PSOE de Ourense iniciou o proceso de primarias para elixir a persoa que encabezará a candidatura socialista á alcaldía da cidade nas eleccións municipais de 2027, segundo informou a Comisión Executiva Provincial.

Este calendario establece a presentación de precandidaturas os días 2 e 3 de xullo, mentres que a recollida de avais desenvolverase entre o 4 e o 11 de xullo.

O PSdeG activa as primarias para a alcaldía de Ourense

A campaña interna terá lugar do 12 ao 18 de xullo e a votación das primarias celebrarase o 19 de xullo. No caso de ser necesaria unha segunda volta, esta realizarase o 26 de xullo.

O PSdeG activa as primarias para a alcaldía de Ourense

Nun comunicado, o secretario provincial do PSdeG-PSOE, Álvaro Vila Araújo, destacou que as primarias permiten que a militancia elixa de forma directa e democrática a persoa que liderará o proxecto socialista para a cidade, reforzando a participación e a transparencia.

Botón volver arriba