Eventos

Producións teatrais excéntricas presenta “O Auto do Castromil” en Barbadás

O venres 11 de abril ás 20:30h, a Sala Manuel María de Barbadás acollerá a representación da obra O Auto do Castromil, da compañía Producións Teatrais Excéntricas.

O espectáculo, gañador do III Concurso de Proxectos da Fundación Manuel María, conta co apoio de máis de corenta concellos e institucións de toda Galiza.

Producións teatrais excéntricas presenta “O Auto do Castromil” en Barbadás

A peza está protagonizada por un elenco de luxo: Rocío González, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez. A obra ofrece unha viaxe onírica a bordo dun coche de liña no que os viaxeiros dormen… e quizais tamén o condutor.

As maletas e equipaxes cobran vida para narrar, con humor e espírito antroidesco, unha historia alucinada de Galiza. Esta historia está baseada en autos populares e farsas do autor chairego Manuel María.

O espectáculo está recomendado para maiores de 13 anos. A entrada é de balde, mediante invitación que poderá recollerse na Casa da Cultura a partir do luns 7 de abril.

Producións teatrais excéntricas presenta “O Auto do Castromil” en Barbadás

Ficha do evento
📅 Día: Venres 11 de abril
Hora: 20:30h
📍 Lugar: Sala Manuel María | Barbadás
🎟 Entrada: Con invitación (dispoñibles dende o 7 de abril na Casa da Cultura)

Unha ocasión perfecta para gozar do mellor teatro galego cunha obra que conxuga memoria, loita e retranca.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.