A programación de Nadal trae neste ano 2024 unha intensa actividade no concello de Xinzo de Limia onde tamén atopamos un espazo de solidariedade.
O concello de Xinzo habilitará unha fila 0 en colaboración co CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia a súa ANPA para recadar fondos para o CEIP Ausias March de Paiporta.
Programación de Nadal en Xinzo de Limia
Esta recadación realizarase principalmente durante a celebración dos catro eventos musicais que contén esta programación. Gaudi Galego, Vaiana, Rubén Simeó e un Musical dos 80-90′ é a proposta musical para este Nadal en Xinzo de Limia.
Desde o 13 de decembro ó 6 de xaneiro, esta programación tamén inclúe as tradicionais visitas de Papa Noel, a Cabalgata dos Reis Magos e a Agrocabalgata.
No ámbito da conciliación familiar, o concello de Xinzo de Limia organiza «Concilia Nadal» para nenos e nenas de 4 a 10 anos e o Christmas Camp, un campamento en inglés. O Nadal nos Pobos, Limialandia e unha exposición fotográfica tamén forman parte do programa de Nadal de Xinzo de Limia.
Eventos de Nadal 2024 en Xinzo de Limia
Decembro
• Venres, 13 de decembro
Gala de Nadal Escola de Gaitas – Homenaxe ao Gaiteiro de Laroá / Auditorio Ángel Cocho | 20:00 h
• Sábado, 14 de decembro
Gala de Nadal Danzón / Auditorio Ángel Cocho | 17:00 h
• Domingo, 15 de decembro
Gala de Nadal Teatro Aneis / Auditorio Ángel Cocho | 17:30 h
• Venres, 20 de decembro
Premio Carlos Casares de Xornalismo / Casino Antelano | 20:00 h
• Sábado, 21 de decembro
Gala de Nadal Agrupación Musical da Limia / Casino Antelano | 17:00 h
Concerto de Guadi Galego – Síntese Horizonte / Auditorio Ángel Cocho | 20:00 h
• Domingo, 22 de decembro
Rubén Simeó: Close to You / Igrexa Nova | 19:00 h
• Do 23 ao 30 de decembro
Nadal nos Pobos / Segundo programa
• Martes, 24 de decembro
Visita do Pai Nadal e Agrocabalgata / Praza Maior e rúas de Xinzo | 19:00 h
• Do 23 de decembro ao 3 de xaneiro
Concilia Nadal (de 4 a 10 anos) / Pazo de Deportes | 09:00 a 14:00 h
• Xoves, 26 de decembro
El Musical de los 80’ y 90’ / Auditorio Ángel Cocho | 22:00 h
• Venres, 27 de decembro
Premios da Cultura 2024 / Auditorio Ángel Cocho | 20:00 h
• Desde o 13 de decembro
Exposición Fotográfica de Noelia Caseiro / Rúa dos Viños
• Do 30 de decembro ao 6 de xaneiro
Apertura de Limialandia / Pazo de Deportes | 12:00 a 20:30 h
• Martes, 31 de decembro
Pre-badaladas / Adro da Igrexa Vella | 12:00 h
Xaneiro
• Xoves, 2 de xaneiro
Vaiana: El Musical / Auditorio Ángel Cocho | 18:30 h
• Domingo, 5 de xaneiro
Cabalgata dos Reis Magos / Saída Praza Carlos Casares | 17:00 h