Colaboraciones

Proposta literaria para o verán 2022

Desde Ourense na rede solicitamos ó Espazo Lector Nobel Ourense unha proposta literaria para o verán de 2022. A continuación mostramos as seis propostas que nos ofrecen para gozar da literatura.

As opcións que o Espazo Lector Nobel de Ourense nos mostra inclúen unha variada selección na que non esquecemos ós máis pequenos.

Proposta literaria para o verán 2022

Obras de Alberto Canal, Rena Ortega ou Manuel Loureiro para mergullarnos na literatura con propostas de calidade. Si algunha destas propostas é do voso agrado, podedes mercalas no Espazo Lector Nobel de Ourense (Rúa Santo Domingo, 66 – Ourense. 988 21 44 38).

Proposta literaria para o verán 2022

CAROLINA

Editorial XeraisAutor: Alberto Canal

Dende Espazo lector Nobel Ourense, nos gusta recomendar literatura de noso, e mais sendo neste caso de Ourense. Alberto Canal, xornalista de profesión , nos achega esta a súa última novela “Carolina” na que nos adentra na paixón pola literatura, polos libros que forxan personalidades e crear un carácter forte e loitador como é o de Carolina, a súa protagonista, quen loita nunha guerra fraticida, sendo maquis. Xenialmente documentada e cunha coidada escrita, nos somerxemos nunha historia que nos absorbe de principio a fin.

MEIRÁS: UN PAZO PARA EL CAUDILLO

Editorial CumioAutores: Carlos Babí e Manuel Pé (Prologo de Manuel Rivas)

A historia de Meirás é a nosa historia. Unha historia chea de silencios, de eses silencios nocivos que tapan unha realidade que pretende enterrarse nalgún lugar descoñecido como se nunca houbese existido. Son as nosas historias e por moitos intentos de ocultalas, hoxe atreven a expresalas a través deste fabuloso libro. Un canto a dignidade e maila xustiza dos que foron torturados, presos e polos que xa non están connosco.

Proposta literaria para o verán 2022

LA LADRONA DE HUESOS

Editorial PlanetaAutor: Manel Loureiro

Un apaixonante “thriller” que nos atrapa dende a primeira páxina, con ritmo frenético e constantes revelacións. O escenario perfecto para este ano Xacobeo, xa que a novela se desenvolve no Camiño de Santiago con moitos misterios e intrigas por resolver.

UNA LUNA SIN MIEL

Editorial VR EUROPAAutoras: Lauren Billings e Christina Hobbs

O verán é a época mais propicia para o goce, a desconexión e maila evasión, polo que dende Espazo Lector Nobel, propoñemos sempre lecturas tan refrescantes como esta. Unha novela de tinte romántico, na que se atopan dous polos opostos en canto a sorte se refire. As súas personaxes principais son xemías e o que ten de sorte unha, a desexa a outra. Cecáis desta volta, as tornas se volteen e poida gozar dunha situación ben distinta á que está acostumada.

Proposta literaria para o verán 2022

RESUELVE EL MISTERIO: EL SECRETO DE LA MANSIÓN

Editorial RBAAutores: Lauren Magaziner

Misterios, escuros segredos, misións imposibles, e un largo etcétera no que a cativada (a partir de 10 anos) pode gozar desta primeira aventura na que se adentran Carlos e mailos seus amigos para salvar a axencia de detectives de súa nai, intentado descubrir o paradoiro dun tesouro e mailo culpable dun misterio oculto durante anos.

O atractivo desta historia é que o lector faise partícipe en todo momento, podendo escoller como avanza a aventura e incluso como pode rematar.

Proposta literaria para o verán 2022

TODO A BABOR

Editorial Cumio – Autor: Rena Ortega (a partir dos 4 anos)

Embarca neste libro xunto co pequeno Magalláns, Elcano e a súa divertida tripulación nesta nova aventura inspirada nunha das maiores fazañas da nosa historia, a primeira viaxe arredor do mundo en barco! Soltando cabos, despregando velas e. todo a babor! En 1519 cinco barcos partiron desde España cara ao descoñecido, nunha ousada viaxe no que pretendían demostrar o imposible, que era posible dar a volta ao mundo grazas a un atallo descoñecido que conectaba o océano Atlántico co Pacífico: O Estreito de Magalláns. Non foi ata 1522 cando se completo dita fazaña convertendo este 2022 o quinto centenario do cumprimento daquela proeza.

A través deste libro, do mesmo xeito que o primeiro da colección iniciada por Rena Ortega, vas divertirche viaxando, descubrindo paisaxes, estrelas, detalles, moitos detalles e cousas que seguramente che sorprenderán.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba