Noticias

O PSdeG esixe a saída de Jácome pola apertura de xuízo oral

O PSdeG pide a dimisión de Gonzalo Pérez Jácome tras a decisión xudicial de avanzar cara á apertura de xuízo oral contra o rexedor por non solicitar a compatibilidade das súas actividades privadas co exercicio do cargo público.

Dende o grupo municipal socialista realizan unha valoración “clara e contundente” da situación e lembran que non se trata dun feito novo.

O PSdeG esixe a saída de Jácome pola apertura de xuízo oral

A voceira do partido na cidade, Natalia González, subliña que ao longo dos últimos sete anos mantiveron “unha posición firme” en defensa da legalidade e da ética pública.

O PSdeG esixe a saída de Jácome pola apertura de xuízo oral

“O que o señor Jácome cualificaba de ataques políticos eran advertencias fundamentadas que hoxe atopan respaldo na actuación xudicial”, sinala González.

As socialistas insisten en que Ourense “non pode ter un alcalde que sitúe os seus intereses persoais por riba do interese xeral” nin que ignore as obrigas legais do seu cargo. Neste sentido, critican que o rexedor teña actuado confundindo a Administración pública cunha empresa privada, “pasando por riba dos dereitos da cidadanía”.

Ademais, reclaman axilidade á xustiza ao considerar que a veciñanza leva demasiado tempo soportando unha situación de “deterioro institucional” e merece unha resposta rápida.

“Apelamos á responsabilidade política. Máis alá do que determine a xustiza, hai unha cuestión de exemplaridade esencial en democracia. Entendemos que o señor Jácome non debe continuar nin un día máis á fronte da alcaldía”, conclúen.

Botón volver arriba