A silicose en Valdeorras centrará o pleno da Deputación de Ourense do 30 de abril, onde o Grupo Provincial Socialista (GPS) presentará unha moción para mellorar a atención ás persoas afectadas.
A proposta reclama o recoñecemento da enfermidade como problema de saúde pública, unha praza estable de pneumoloxía no hospital comarcal e un estudo epidemiolóxico, ademais de diálogo coa asociación Asilival.
O PSdeG leva ao pleno medidas pola silicose en Valdeorras
“Valdeorras paga un prezo desproporcionado”, afirmou Álvaro Vila, quen lembrou que en 2024 se rexistraron 61 novos casos en Ourense.

O dirixente participou na mobilización convocada por Asilival, que reuniu centos de persoas para esixir un servizo estable.
O PSdeG lembra que hai un ano o PP rexeitou crear unha unidade especializada. “O pleno do 30 de abril é a oportunidade de rectificar”, subliñou Vila.

