O PSdeG-PSOE de Ourense culpa a Pérez Jácome do problema coas nóminas que afecta ós bombeiros e policías locais.
«Aínda non sabemos como está a xestionar o executivo municipal, nin que impacto vai ter, a sentenza de anulación do capítulo I dos Orzamentos de 2020 aprobados por DO e PP», indican desde o grupo socialista.
O PSdeG de Ourense culpa a Jácome do problema coas nóminas
Natalia González Beneitez, voceira do grupo socialista no concello de Ourense, indicou que o goberno municipal non lles proporciona información sobre como vai solucionar este problema.
A secretaria xeral do PSdeG en Ourense destaca que «só sabemos que está en risco o abono completo das nóminas dos e das traballadoras municipais no presente ano». González pide ó alcalde, Pérez Jácome, «que actúe con transparencia e dilixencia para solventar esta grave situación».