O PSdeG de Ourense invita á cidadanía a elaborar un Maio na sede do partido situada na rúa Ribeira de Canedo este venres e sábado.
«Ourense infinito» é o nome do Maio que elaborarrá a Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense este ano.
O PSdeG de Ourense invita a elaborar un Maio
«O ano pasado participamos no certame por primeira vez e puidemos donar o recadado á Asociación Española Contra o Cancro (AECC). A experiencia foi moi gratificante e quixemos repetir achegándonos máis á cidadanía. Os e as que o desexen poderán vir á nosa sede mañá pola tarde, a partir das 17.00 horas, e o sábado, a partir das 18.00 horas», indica Natalia González Benéitez, secretaria xeral do partido en Ourense.
Ademais da elaboración do maio, os socialistas tamén convidan á cidadanía a cantar a copla elaborada para esta ocasión.
“As nosas coplas imos cantar
neste día de lecer
temos moito que dicir
sobre o que está a acontecer.
Sobre o que está a acontecer
na nosa bela cidade,
tanta tolemía
xa non hai quen a pare”.