Noticias

O PSdeG leva ao pleno medidas para familias e diversidade relixiosa

O grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Ourense anunciou dúas iniciativas que defenderá no pleno de maio, centradas no apoio ás familias e no respecto á diversidade relixiosa.

A primeira proposta pasa pola creación dun Plan Municipal de Apoio á Natalidade e ás Familias, con medidas como axudas por nacemento ou adopción, ampliación de servizos de conciliación e apoio específico a fogares vulnerables.

O PSdeG leva ao pleno medidas para familias e diversidade relixiosa

A portavoz socialista, Natalia González, defendeu que o Concello debe asumir un papel activo ante a situación demográfica da cidade.

O PSdeG leva ao pleno medidas para familias e diversidade relixiosa
Foto: PSdG

A segunda moción busca habilitar un espazo específico para a comunidade musulmá nos cemiterios municipais, co fin de garantir enterramentos respectuosos cos seus ritos e evitar que as familias teñan que trasladar os corpos fóra da provincia.

Na comparecencia, a concelleira María Fernández tamén criticou o proxecto de Orzamento municipal de 2026 presentado por Democracia Ourensana, ao considerar preocupante a ausencia do informe de Intervención e a falta dunha planificación clara para o futuro da cidade.

Botón volver arriba