Noticias

PSOE e BNG estudarán as propostas do Alcalde

Os grupos municipais do PSOE e o BNG estudarán as propostas do alcalde de Ourense para suprimir a ORA e facilitar a entrada de novos inversores no COB.

O Alcalde de Ourense mantivo unha reunión no concello cos portavoces dos grupos políticos para avanzar as súas intencións.

PSOE e BNG estudarán as propostas do Alcalde

Despois desta reunión, desde o PSdeG-PSOE e o BNG anuncian que meditarán a súa resposta analizando os pros e contras de cada unha das opcións. Luís Seara manifestouse contrariado polas formas da convocatoria e a ausencia de información previa.

«Convocousenos onte por whatsApp a unha reunión pero sen coñecemento previo da orde do día e dos asuntos dos que se ía falar. Fomos a cegas, o cal xa indica o grao de disparate no que está instalado este Concello».

Desde o PSdeG-PSOE instan a analizar o impacto social e económico que tería esta medida de suprimir a ORA. Para o BNG, a supresión da ORA «é unha cuestión importante que ten efectos sobre a mobilidade» e que avaliarán no partido.

PSOE e BNG estudarán as propostas do Alcalde

Ante a chegada de novos accionistas no Club Ourense Baloncesto, Natalia González, mostrou a necesidade de «blindar e defender a área social». Ó mesmo tempo, sumábase «ó chamamento á participación do tecido empresarial para garantir a autonomía e supervivencia do COB, dentro do proxecto conxunto que todos e todas aspiramos a ter para Ourense».

O BNG indica que «se do que se trata é de desprenderse do paquete accionarial, haberá que facelo tamén na outra SAD na que o Concello tamén ten accións como é o Ourense CF». Seara solicita tempo para «avaliar antes de fixar posición».

Natalia González Benéitez, portavoz socialista no concello, non quixo deixar pasar a ocasión para «facer un recoñecemento expreso aos responsables da área social do COB polo seu inmenso traballo e compromiso». González destacou que «da man de outras asociacións e colectivos da cidade conseguiron que fora unha das mellores da Liga LEB Ouro este ano. Fixeron medrar notablemente a asistencia aos partidos do club, chegando nalgún caso arredor de 5.000 persoas esta tempada».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.