Noticias

Quintela de Leirado incorpora unha nova Casa do Maior para reforzar os coidados no rural

A Xunta destinou máis de 306.000 euros á creación de seis novas Casas do Maior na provincia de Ourense, entre elas a posta en marcha en Quintela de Leirado. O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, visitou esta mañá o recurso acompañado polo alcalde, José Antonio Pérez.

Estas seis novas casas localízanse, ademais de Quintela de Leirado, en San Amaro, A Mezquita, Maside e Petín, e teñen como finalidade ampliar os servizos de atención de proximidade ás persoas maiores nas zonas rurais.

Quintela de Leirado incorpora unha nova Casa do Maior para reforzar os coidados no rural

Durante a visita, Pardo lembrou que permanece aberta ata o 28 de agosto unha nova convocatoria para crear dez Casas do Maior en Galicia. A iniciativa conta cun orzamento superior ao medio millón de euros. A mesma, permitirá elevar a rede ata os 158 recursos, con arredor de 800 prazas gratuítas de atención diúrna.

Quintela de Leirado incorpora unha nova Casa do Maior para reforzar os coidados no rural.
Foto: Delegación da Xunta.

As Casas do Maior dispoñen dun máximo de cinco prazas e ofrecen atención ás persoas maiores nos propios concellos onde viven. Segundo destacou o delegado, estes recursos tamén contribúen á conciliación das familias, á creación de emprego e á fixación de poboación no rural.

A nova convocatoria mantén o complemento semanal para os casos nos que as persoas promotoras estean de baixa laboral. Tamén contempla un abono de 10 euros por persoa e día para as Casas do Maior que se encarguen do desprazamento dos usuarios.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba