O Concello de Ribadavia procedeu a unha rápida actuación no Colexio de Francelos que consistiu na limpeza e desinfección de toda a instalación.
O Grupo de emerxencias de Ribadavia foi o encargado de realizar as tarefas de desinfección dos distintos espazos que alberga o Colexio de Francelos. Todo o persoal deste grupo de emerxencias está especializado na aplicación de métodos de desinfección.
Rápida actuación no Colexio de Francelos
Ante a demanda que se fixo para proceder a esta limpeza en profundidade, o goberno municipal respondeu con rapidez para atender esta necesidade. Non é a primeira vez que se activa este protocolo de desinfección de unha instalación pública en Ribadavia. Con anterioridade, o Centro de Saúde ou a Residencia de Maiores xa foron obxecto destas tarefas.