As obras da Avenida de Portugal en Ourense reanudaranse a próxima semana tras a decisión do Concello de rescindir o contrato coa empresa Opain por un “abandono flagrante da obra sen xustificación”.
O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, explicou que se aplicarán medidas como a retención de avais, sancións e a esixencia de responsabilidades económicas, incluso por posibles perdas de subvencións.
O Concello de Ourense reactiva as obras da Avenida de Portugal
Ademais, estúdase impedir que a empresa poida contratar coa Administración durante cinco anos.

O Concello aposta por unha reanudación inmediata, valorando a contratación por emerxencia para axilizar os traballos. O concelleiro de Obras Públicas, Francisco Lorenzo, participou tamén no anuncio.
Pérez Jácome cualificou o proceso de “tempo récord”, asegurando que nun mes poderían estar de novo en marcha as obras.

