Noticias

A Xunta prevé rematar a limpeza de Pradocabalos a mediados de xullo

A recuperación de Pradocabalos tras as riadas continúa avanzando e a Xunta estima que os traballos de desentullo poderán concluír a mediados de xullo.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou este luns os núcleos de Pradocabalos, A Bouza e Pixeiros. Realizou esta visita acompañado polo alcalde, Germán García-Ávila, o deputado provincial de Medio Ambiente e Enerxía, José María Lago, e técnicos da AXI, para supervisar o avance das actuacións coordinadas coa Deputación de Ourense.

A Xunta prevé rematar a limpeza de Pradocabalos a mediados de xullo

Segundo informou a Xunta, os traballos céntranse na retirada dos residuos e materiais arrastrados polas riadas para recuperar os servizos e restaurar as zonas afectadas.

A Xunta prevé rematar a limpeza de Pradocabalos a mediados de xullo
Foto: Delegación da Xunta.

No que respecta á estrada OU-533, Manuel Pardo destacou que a circulación quedou restablecida nos dous sentidos apenas 24 horas despois dos danos provocados polas choivas nun tramo de 200 metros en Pradocabalos. Na actualidade continúan os labores de limpeza no pontón da zona.

“A situación debe volver ao que era antes da catástrofe e isto debe facerse canto antes”, afirmou o delegado territorial. Pardo asegurou que a Xunta manterá todos os recursos necesarios para completar a recuperación.

Botón volver arriba