Noticias

O concello de Ourense mellora o parque de Vistafermosa

Ourense inicia a rehabilitación do parque Taboada Chivite no barrio de Vistafermosa co obxectivo de mellorar a seguridade e o uso deste espazo infantil.

O Concello de Ourense puxo en marcha hoxe as obras, adxudicadas a HPC IBÉRICA S.A. por 29.945,08 euros (IVE incluído). A intervención céntrase na adecuación das áreas de xogo e na mellora paisaxística da contorna.

O concello de Ourense mellora o parque de Vistafermosa

Os traballos prolongaranse ata finais de maio e permitirán renovar un espazo clave para o lecer familiar, incrementando a seguridade, accesibilidade e calidade ambiental.

O concello de Ourense mellora o parque de Vistafermosa
Foto: Concello de Ourense

Ademais, o Concello instalará a “vaca Paca” no parque infantil da Alameda do Cruceiro a comezos de maio. Con esta actuación, serán catro as áreas infantís melloradas esta primavera, cun investimento superior aos 148.000 euros.

Botón volver arriba