A residencia de maiores de Xunqueira de Ambía reforza a atención á terceira idade na provincia de Ourense, segundo destacou o presidente da Deputación, Luis Menor, na inauguración do centro.
No acto participaron tamén o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira Fabiola García. Menor subliñou que a colaboración entre administracións permite converter proxectos en servizos reais.
Xunqueira de Ambía estrea residencia para reforzar atención aos maiores
A provincia recibe 12 dos 18,5 millóns de euros do plan autonómico para equipamentos sociais, aos que a Deputación suma 2,3 millóns. No caso desta residencia en Xunqueira de Ambía, o investimento provincial rolda os 430.000 euros.

O proxecto forma parte dunha estratexia que prevé crear máis de 400 prazas en 16 concellos e que, segundo Menor, aposta por ver o envellecemento como unha oportunidade para xerar emprego, fixar poboación e combater a soidade.

